Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 12013

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato das obras do proxecto de rehabilitación do parque da Alameda do Cruceiro.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2017015699, ref. 2456.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de rehabilitación do parque da Alameda do Cruceiro.

c) CPV: 45000000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.7.2017, 20.7.2017 e 20.7.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 592.148,76 euros. IVE: 124.351,24 euros. Importe total: 716.500 euros.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2017.

b) Data de formalización: 26 de decembro de 2017.

c) Contratista: Explotacións Medioambientais, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 379.850,50 euros. IVE: 79.768,61 euros. Importe total: 459.619,11 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.

Ourense, 27 de decembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde