Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 12037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do sector SU-1 do solo urbanizable delimitado do Plan xeral de ordenación municipal.

Para os efectos do previsto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, anúnciase que o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 17 de marzo de 2005, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: aprobar definitivamente o Plan parcial de sector SU-1 do solo urbanizable delimitado do Plan xeral de ordenación municipal de Xinzo de Limia.

O dito acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e o texto das ordenanzas reguladoras e o plan de ordenación no BOP, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Xinzo de Limia, 16 de febreiro de 2018

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde