Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 12001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de febreiro de 2018 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador e de reposición da legalidade POL/76/2017.

O 16 de xaneiro de 2018, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/76/2017, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na praia de Areas, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Adrián Feijoo Rodiño, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística