Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (ETX 227/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 227/2017, por instancia de Cristina Tarrío Jamardo, contra a executada Teresa Iglesias Buceta, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 2 de febreiro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 2.171,41 euros de principal, máis 217,14 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza