Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 208/2017).

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 208/2017, por instancia de Víctor Carbia Sende contra o executado Sinesio Álvarez López, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 6 de febreiro de 2018 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 1.306,82 euros de principal, máis 232 euros en concepto de xuros de mora, más 153,88 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. E, de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no diario ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 6 de febrero de 2018

A letrada da Administración de xustiza