Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato de desinfección, desinsectación e desratización (DDD).

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, núm. 2. O Barco de Valdeorras, 32300.

2. Obxecto do contrato: traballos de desinsectación, desinfección e desratización definidas no prego de prescricións técnicas, correspondentes á categoría 14 do anexo II do TRLCSP.

3. División por lotes: non.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Valor estimado do contrato: 49.876 euros (tendo en conta a duración do contrato -2 anos- e as súas posibles prórrogas -2 anos-).

6. Prezo de licitación: a licitación se realizará baixo o parámetro prezo/ano. O prezo máximo de licitación ascende a 14.240,49 euros/ano IVE incluído.

7. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

8. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Fax: 988 32 59 78, correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org, perfil de contratante: www.concellodobarco.org.

9. Presentación de ofertas: 15 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, DOG ou no perfil de contratante do órgano de contratación, segundo a cláusula 8ª do prego administrativo.

10. Criterios de adxudicación:

Oferta económica (prezo): ata 7 puntos.

Memoria técnica explicativa: ata 5 puntos.

Melloras suxeitas a xuízo de valor: ata 0,6 puntos.

Mellora valorable automaticamente: ata 0,4 puntos.

11. Apertura de ofertas: segundo se especifica no prego administrativo.

12. Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: segundo a cláusula 11ª do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 19 de febreiro de 2018

Alfredo García Rodríguez
Alcalde