Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11657

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN317A).

BDNS (Identif.): 385212.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Persoas xurídicas que sexan empresas privadas e realicen actividades do ámbito da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Regulación das bases para a concesión de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria ás empresas mineiras que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o po no sector mineiro de Galicia a través de dúas liñas de actuación:

Liña A para o financiamento dos investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po.

Liña B dirixida á subvención dos investimentos destinados a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia competitiva, para a loita contra o po no sector mineiro en Galicia e se convocan para o ano 2018.

Cuarto. Contía

A dotación orzamentaria é de 3.000.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria