Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente ASC sen OCA/2 (RAE 9883) e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non poidan efectuarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 15 de febreiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ASC sen OCA/2 (RAE 9883).

Interesada: C.P. Mahía, 95.

NIF: H15487465.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Ames.

Expediente: ASC sen OCA/2 (RAE 12808).

Interesado: Manuel A. Alonso Gamundi.

NIF: 32463602E.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Ferrol.