O 24 de xaneiro de 2018 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RA-COM-21/17(PO 48/2016) interposto por Barlovento Náutica Vigo, S.L.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Barlovento Náutica Vigo, S.L. a resolución antes referida.
A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico II da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE ou a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal (https//notifica.xunta.gal).
Contra a referida resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que a demandante teña o seu domicilio ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria