Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada RA/XI/2016/00012 en materia de xogo.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada que se especifica no anexo a resolución do recurso de alzada que se relaciona, interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador OU-9/15, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº de recurso
de alzada

Recorrente

Enderezo

Expediente sancionador

Acto notificado

Sentido do acto notificado

RA/XI/2016/00012

Asociación de Minusválidos Orensanos (Asmior)

Rúa do Progreso, 64, local 16,

32003 Ourense

OU-9/15

Resolución de recurso de alzada

Desestimatorio