Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da glorieta de acceso á estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei (PO-404), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave PO/16/198.06).

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción da glorieta de acceso á EDAR de Guillarei (PO-404), coa clave PO/16/198.06, que ten por obxecto a construción dunha rotonda que facilite o acceso á estación depuradora de augas residuais, en Guillarei, no concello de Tui, pertencente á estrada PO-404.

A área de actuación deste proxecto, na actualidade, ten unha intersección en T coa vía de acceso á EDAR de Guillarei, sen carrís de espera e incorporación, nun treito con visibilidade reducida.

Este proxecto ten por obxecto evitar os xiros á esquerda actuais sen carril central de incorporación, e reordenar o tráfico mediante unha glorieta que mellorará a seguridade viaria do treito.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Glorieta no p.q. 1+900 da estrada PO-404 para mellorar a seguridade do treito.

– Continuidade dos itinerarios peonís para mellorar a seguridade viaria de peóns e ciclistas.

– Pavimentación con capa de rodaxe, pavimento lastrado e de formigón no illote interior da glorieta e ampliación da plataforma da estrada.

– Iluminación da glorieta proxectada.

– Sinalización, balizamento e defensas.

– Mellora, limpeza e adecuación da drenaxe.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n – 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na casa do concello de Tui (praza do Concello, 1, 36700 Tui, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción
Glorieta de acceso á EDAR de Guillarei (PO-404)
Clave: PO/16/198.06

Concello de Tui. Lugar das Cegoñeiras.

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Titular

Superf.
m2

Clasificación

Expropiación

Total

Ben afectado

1

36055A045008410000UY

45

841

Cregores Garrido, Leopoldo

612

Labor ou labradío secaño

17,96

17,96

2

36055A045008400000UB

45

840

Cregores Garrido, Leopoldo

400

Labor ou labradío secaño

23,43

23,43

– 1 Peche de bloque sobre muro de formigón

3

36055A045008390000UG

45

839

Álvarez Álvarez, Domingo (herdeiros de)

1.720

Labor ou labradío secaño

125,52

125,52

– 16,1 Peche de bloque sobre muro de formigón

– 10,2 Peche de pedra

4

36055A045008380000UY

45

838

Álvarez Pena, José

476

Labor ou labradío secaño

242,68

242,68

– 10,9 Peche de bloque sobre muro de formigón

– 10,2 Peche de pedra

5

36055A045008350000UW

45

835

Gómez Fernández, María Casilda

191

Labor ou labradío secaño

166,43

166,43

– 11,1 Peche de bloque sobre muro de formigón

– 3,4 Muro de formigón

– 2,5 Porta metálica

6

36055A045008340000UH

45

834

Álvarez Álvarez, Domingo (herdeiros de)

414

Viña secaño

109,50

109,50

7

36055A045008330000UU

45

833

Martínez Vila, Encarnación

811

Labor ou labradío secaño

121,32

121,32

8

36055A045008320000UZ

45

832

Estévez Álvarez, José

567

Labor ou labradío secaño

147,64

147,64

9

36055A045008310000US

45

831

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

468

Labor ou labradío secaño

141,56

141,56

10

36055A045008300000UE

45

830

Solla Aros, Ana (herdeiros de)

267

Labor ou labradío secaño

61,63

61,63

–11 Cepa

11

36055A045008290000UZ

45

829

Ferreira Pérez, José Manuel

603

Labor ou labradío secaño

113,82

113,82

12

36055A045008280000US

45

828

Caballero Durán, Miguel

2.195

Labor ou labradío secaño

259,21

259,21

13

36055A045008270000UE

45

827

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

866

Labor ou labradío secaño

8,91

8,91