Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración, posta en marcha e instalación de puntos de información multimedia e de pantallas de visualización, para a implantación dun sistema multimedia de cartelaría electrónica e de xestión de quendas e esperas en centros deste organismo (expediente AB-SER2-17-012, lote único).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-17-012 .

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, posta en marcha e instalación de puntos de información multimedia e de pantallas de visualización, para a implantación dun sistema multimedia de cartelaría electrónica e de xestión de quendas e esperas en centros do Servizo Galego de Saúde.

c) Lotes: lote único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOUE: nº DO/S S189, 3.10.2017 386496-2017-ES.

DOG: nº 199, 19.10.2017.

BOE: nº 244, 10.10.2017.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 545.400,00 €.

Orzamento con IVE: 659.934,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote único: 18.12.2017.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote único: 25.01.2018 Tecnologías Plexus, S.A.

c) Importe de adxudicación:

Importe sen IVE: 374.258,34 €.

Importe con IVE: 452.852,57 €.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos