Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017100AM-OU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 4 de xaneiro de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017100AM-OU incoado a Explotacións Cinegético-Turísticas do Río Limia, S.L. responsable da Aldea Rural Couso Galán, con CIF B32287526, sita na estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus) Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Explotacións Cinegético-Turísticas do Río Limia, S.L, responsable da Aldea Rural Couso Galán, con CIF B32287526, sita na estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus) Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 7 de febreiro de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017100AM-OU.

Interesada: Explotacións Cinegético Turísticas do Río Limia, S.L. responsable da Aldea Rural Couso Galán.

DNI/NIF/CIF: B32287526.

Último enderezo coñecido: estrada de Freande, s/n, Couso (Sarreaus) Ourense.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: mil seiscentos euros (1.600 €).