Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11526

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 922/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 922/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Solere Idrissi contra Ousany, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«– Citar ás partes para que comparezan o día 20 de xuño de 2018, ás 9.05 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos Xulgados, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 20 de xuño de 2018, ás 9.10 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio dos Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda, e advírtase, igualmente, á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ousany, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza