Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 6/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 6/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Sánchez Aparicio contra Segur 10 Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa resolución expresa:

«Acordo ter por desistido a José Ángel Sánchez Aparicio da súa demanda e, unha vez que sexa firme esta resolución, o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución, mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS)».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Segur 10 Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza