Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e para coñecemento xeral, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia.

A) Disolucións.

a) O Brañón, SAT nº 703 XUGA, disolta mediante o Acordo da Asemblea Xeral do 30 de novembro de 2017.

b) Recon, SAT nº 1269 XUGA, disolta mediante o Acordo da Asemblea Xeral do 8 de marzo de 2017.

B) Cancelacións.

a) Xustás, SAT nº 1006 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Granxa Xustás, S.L., acordado na asemblea xeral do 13 de decembro de 2017, celebrada ante notario.

b) Campo da Abeleira, SAT nº 1246 XUGA, cancelada de oficio o 8 de febreiro de 2018, consonte o artigo número 14.2 do Real decreto 1775/1981, do 3 de agosto, despois de transcorrer o prazo máximo de liquidación dun ano desde a súa disolución acordada na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2017.

c) Cando, SAT nº 1254 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Cando Ludrio, S.L., acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de decembro de 2017, celebrada ante notario.

d) Rigueiro Rey, SAT nº 1268 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Rigueiro Rey, S.L., acordo adoptado na asemblea xeral do 7 de novembro de 2017, celebrada ante notario.

e) Recon, SAT nº 1269 XUGA, cancelada mediante o Acordo da Asemblea Xeral do 10 de agosto de 2017.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias