Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a modificación da ordenanza 6.2 (Parque empresarial de Espiñeira), no concello de Boiro (expediente 2017AAE2112; código 2010/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 24 de xaneiro de 2018, sobre a modificación puntual do PXOM para a modificación da ordenanza 6.2 (Parque empresarial de Espiñeira), no concello de Boiro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet:

http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático