Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do planeamento no ámbito da estrada Cambre-Temple, nº 8 (esquina rúa Carballo, número 11).

Con data do 7 de febreiro de 2018 o concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente desta corporación ditou resolución pola que se acorda incoar expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución do planeamento no ámbito da estrada Cambre-Temple, nº 8 (esquina rúa Carballo, nº 11), co fin de adquirir solo destinado a espazos libres de dominio e uso público e a viario público local polas normas subsidiarias do planeamento de Cambre, e aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta para tal fin redactado polo arquitecto Carlos Rodríguez Álvarez.

En cumprimento do disposto na lexislación vixente, sométese a información pública o dito proxecto de expropiación durante o prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinalo nas oficinas da Área de Urbanismo, das 10.00 ás 13.00 horas, os días laborables, e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular en que se refiere á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade cos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, informando que contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa non cabe interpoñer recurso algún, sen prexuízo do dereito a formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambre, 9 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente