Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11382

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, para a contratación dos servizos relacionados coa atención do teléfono único do Servizo Galego de Saúde (expediente AB-GLR1-18-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n, 3ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico: pablo.ponte.gonzalez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-18-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación dos servizos relacionados coa atención do teléfono único do Sergas.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79510000-2 , 79511000-9, 795112000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver punto 6.5 do prego de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 1.303.400,00 € IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 521.360,00 €.

b) Orzamento con IVE: 630.845,60 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: ver o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. Edificio Administrativo Sergas, 3ª planta. San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o contemplado no artigo 161 do TRLCSP.

h) Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante www.sergas.es.

b) Enderezo: Edificio Administrativo Sergas, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver pregos de condicións xurídicas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

Jesús Vázquez Almuiña
Presidente do Consello de Administración de Galaria, Empresa
Pública de Servizos Sanitarios, S.A.