Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición contra a Resolución do 19 de outubro de 2017 (expediente IU2/28/2014-X6).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 19 de outubro de 2017, ditou resolución pola que non se admite por extemporáneo o recurso de reposición interposto por Miren-Iziar Taboada Aquerreta contra a resolución do 12.6.2014, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción de 52 apartamentos acaroados en grupos de catro, cinco e seis vivendas, articuladas ao redor dunha zona central onde se sitúan piscinas, edificio de servizos, vías interiores, muros de contención de terras e grandes movementos de terras en Balea, San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove, Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Miren-Iziar Taboada Aquerreta, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística