Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de febreiro de 2018 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva (expediente COR/121/2013-C1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 9 de xaneiro de 2018, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013-RP1 como consecuencia de incumprir o ordenado na resolución do 17.9.2015, na que se ordena a demolición dunhas obras consistentes na rehabilitación da edificación antiga existente, realizadas sen autorización autonómica, no lugar da Barcia, 2, Trasancos, no termo municipal de Narón, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a José Luis García Nieto, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística