Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11201

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión de carácter técnico á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., relativa ao trámite de supervisión do proxecto da obra da terminal de autobuses integrada na Estación Intermodal de Ourense.

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión de carácter técnico á Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. relativa ao expediente de contratación do servizo para a adxudicación do contrato da obra da terminal de autobuses integrada na Estación Intermodal de Ourense, que ten as seguintes características:

– Actividade a que se refire: a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. realizará os traballos que a seguir se sinalan.

Na fase de aprobación do proxecto: informe de supervisión do proxecto relativo á obra terminal de autobuses integrada na Estación Intermodal de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 9 de febreiro de 2018, ata o 31 de decembro de 2018.

– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou por mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda