Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11259

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 508/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 508/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia García Amor contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L. e outros, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 70/2018

Na Coruña o 31 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, estes autos de procedemento nº 508/2017 de despedimento, seguidos ante este xulgado por instancia de Patricia García Amor, asistida do letrado Pedro Pedreira Candal, contra Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Perseo Textil, S.L., todas elas non comparecidas, contra Gaviota Textil XXI, S.L., representada polo letrado José Ramón Millán Cidon, contra administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L. e administración concursal de Confección Ideal, que non comparecen, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Patricia García Amor e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante, condenando solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Perseo Textil, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 32,59 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.764,15 euros.

Condénanse a administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L. e administración concursal de Shivshi, S.L. a se ateren ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Absólvense as empresas Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como as súas administracións concursais, de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Shivshi, S.L., Punta Elaborada, Confecciones Deus, Confecciones Fraga, Deus Creaciones, Costura Invisible, S.L. e Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza