1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: obra de rehabilitación enerxética no CPI O Feal.
b) Lugar de execución: Narón (A Coruña).
c) Prazo de execución: 3 meses.
d) Clasificación: grupo C, categoría 3.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
a) Valor estimado: 627.419,43 €.
b) IVE: 131.758,08 €.
c) Importe total: 759.177,51 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.
5. Garantía provisional:
a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído): 12.548,39 €.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Teléfono: 981 54 44 55.
d) Poderanse consultar e/ou obter o prego tipo de cláusulas administrativas e o correspondente cadro de especificacións particulares, así como a información relativa a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=269982.
7. Presentación das ofertas:
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares.
c) Lugar de presentación:
i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C, publicarase no perfil de contratante.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria