Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2018 Páx. 11215

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2018.

Mediante a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018, acórdase convocar de xeito ordinario probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2018.

Segundo a autorización establecida no artigo 3 da devandita Orde do 22 de xaneiro de 2018, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal avaliador que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior da comunidade autónoma de Galicia, para o ano 2018, que figura no anexo desta resolución.

Este tribunal terá dereito a percibir as indemnizacións que corresponden á categoría terceira, segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Presidente: José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Secretaria: María Isabel Vidal Maza, profesora de ensino secundario.

Vogais:

Xesús Cociña Souto, profesor de ensino secundario.

Susana Quintela Díaz, profesora de ensino secundario.

Juan Granados Loureda, inspector de educación.

Pedro Martín Aláez, profesor de ensino secundario.

Jesús Pereiras López, profesor de ensino secundario.

David Rodríguez Miguens, profesor de ensino secundario.

Isabel Otero García, profesora de ensino secundario.

Asunción González Cabaleiro, profesora de ensino secundario.

Francisco González López, profesor de ensino secundario.

Manuel Ángel García Gómez, profesor de ensino secundario.

Juan José Raíces Silva, profesor de ensino secundario.

Antonio Lago Dacosta, profesor de ensino secundario.

Francisco Javier García Cota, profesor de ensino secundario.

Elena Nogueira Rivadulla, profesora de ensino secundario.

Antonio Rivas Menéndez, profesor de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Vogais:

José Manuel Carbia Pichel, profesor técnico de formación profesional.

Serafín Vázquez Álvarez, profesor de ensino secundario.

Lucía Abuín Abel, profesora de ensino secundario.

María Rosario García Deibe, profesora de ensino secundario.

Óscar Domínguez Pérez, profesor de ensino secundario.

María Esther Begoña Potí Vázquez, profesora de ensino secundario.

María Esperanza Vázquez Iglesias, profesora de ensino secundario.

José Antonio Rodríguez Fernández, catedrático de ensino secundario.

Alberto Sacido Romero, profesor de ensino secundario.

Dolores Carballo Davila, profesora de ensino secundario.

Manuel Jesús Lama Grande, catedrático de ensino secundario.

Santiago Vilaverde Aboal, profesor de ensino secundario.

Francisco José Lado Vara, profesor técnico de formación profesional.

Juan Carlos Codesido García, profesor de ensino secundario.