Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da modificación das bases que rexerán na cobertura de catro prazas de oficial da policía local correspondentes á oferta de emprego de 2014.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 18, do 23 de xaneiro de 2018, foi publicada a corrección das bases que rexerán a cobertura de catro prazas de oficial da policía local para o Concello de Ourense (tres por promoción interna e unha por mobilidade) correspondentes á oferta de emprego de 2014.

O novo prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación de este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios da Corporación e cando proceda no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Ourense, 6 de febreiro de 2018

O alcalde
P.D. (Acordo do 30.3.2017)
Flora Moure Iglesias
Concelleira delegada de Recursos Humanos