Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de contratación do servizo de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal e actualización cartográfica deste concello por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizos Centrais da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

c) Obtención de documentación e información: enderezo da internet do perfil do contratante: www.sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante. Teléfono: 986 81 03 46. Correo electrónico: contratacion.pxom@vigo.org. Data límite de obtención de documentación e información: 9.3.2018.

d) Número de expediente: 9788/407.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: a redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal e actualización cartográfica do Concello de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.

1º. Enderezo: praza do Rei, s/n.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

e) Prazo de execución/entrega: catro (4) anos.

f) Admisión de prórroga: si, dous anos máximo.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 1.562.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación: 1.420.000,00 euros. IVE a soportar pola Administración: 298.200,00 euros. Orzamento total: 1.718.200,00 euros.

6. Garantías exixidas: provisional (importe): non se exixe. Definitiva (%): 5 % importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares -cláusula 8.3º- e no apartado 6 das follas específicas da contratación).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20.3.2018.

b) Modalidade de presentación: indicada no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.30 horas (agás sábados, domingos e festivos) ou nas oficinas de correos do xeito previsto no punto 6 da cláusula 12.

2º. Enderezo: praza do Rei, s/n.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.

4º. Enderezo electrónico: urb.scentrais@vigo.org

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contado desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: se detallan no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: praza do Rei, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: con cargo á empresa adxudicataria.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.1.2018.

Vigo, 31 de xaneiro de 2018

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo