Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.
Enderezo social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama.
Denominación: LMTS e CCMM A Lama e Racelo.
Situación: A Lama.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 4.160 metros de lonxitude, con orixe no centro de manobra (CM) proxectado A Lama e final no centro de protección e repartición Racelo. Centro de manobra A Lama, con tres celas de liña prefabricadas baixo envolvente metálica con illamento integral en SF6, unha cela de protección trafo con trafo incorporado de 630 VA e un armario de telecontrol dotado de comunicacións, controlador, telemando e batería máis cargador. Ampliación do centro de protección e repartición Racelo, consistente na instalación dunha cela de interruptor automático. A instalación está situada nos lugares da Lama e Racelo, concello da Lama.
Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 21 de setembro de 2017, no BOP do 14 de setembro de 2017, no xornal Faro de Vigo do 2 de setembro de 2017 e no taboleiro de anuncios do concello da Lama. Tamén se lles notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación, segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.
En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 14 de novembro de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra