Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente X2443658T/21/09/2017/2.1.E).

Tras intentar a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referido, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpor recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo da reclamación ante esta xefatura territorial dentro do prazo dos 30 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante a Oficina de Emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que se non interpoñen o recurso en tempo e forma a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 9 de febreiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: X2443658T/21/09/2017/2.1.E.

Nome: Emerenciana Coromoto Morales Barreto.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: non manter a inscrición como demandante de emprego.

Contido da resolución: confirmar a proposta de resolución e impor a Emerenciana Coromoto Morales Barreto NIE/NIF X2443658T a sanción de perda dun mes da prestación/subsidio de desemprego recoñecido.