En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos da Asociación Entre Nós Empresas Galegas (Enega), que consiste no cambio de domicilio social, que pasa a ser na rúa Anxo Senra Fernández, 3, baixo esquerda, 15670 Culleredo (A Coruña).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán ser membros os empresarios e empresarias no sentido laboral do termo, tal como sinala o artigo 1 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, que desenvolvan a súa actividade principal e tributen en Galicia ou teñan como referente económico preferente o desenvolvemento económico do país.
Asinantes: Julio Justo Correa (presidente) e Manuel Vázquez Cabo (secretario).
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego