Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (757/2017).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 757/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Mejías Sánchez contra Dublin Rockafe, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada resolución do 26.1.2018 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dublin Rockafe, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza