Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11043

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da convocatoria do premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2018.

Para os efectos oportunos, faise público que no BOP núm. 17, do 22 de xaneiro de 2018, se publica anuncio relativo á convocatoria do premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo para o ano 2018, consistente nun único premio, cunha dotación total de 3.000,00 €. O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 16 de marzo próximo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, baixo a epígrafe de «premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo 2018». Pódese solicitar información no teléfono 988 31 76 09 ou no centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense.

Ourense, 22 de xaneiro de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense