Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11046

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratacion da subministración de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas durante o ano 2018 na zona norte da provincia.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministracion de ligante C65B2 para a súa utilización polas brigadas da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2018 na zona norte da provincia, cun gasto autorizado de 40.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao cal poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 40) no Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 26 de xaneiro de 2018

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense