Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de subvención no expediente PE 107D 2011-147-1.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao abeiro do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo, por medio do presente anuncio publicado no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do expediente de reintegro da subvención concedida sinalada no anexo. A eficacia do acto administrativo notificado producirase coa súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, asemade, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se publique por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: César Seijas Pérez.

NIF: 76778717W.

Número de expediente SXPA: PE 107D 2011-147-1.

Proxecto: Modernización buque pesqueiro Nuevo Zulemita (CO-7-4-97).

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditado o 8 de novembro de 2017.

Último enderezo coñecido: avenida do Rocío, 31, 15230 Outes (Pontevedra).