Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Amarelante, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do regulamento do Rexistro de Cooperativas (Decreto 430/2001, do 18 de decembro), faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais da entidade Amarelante, S. Coop. Galega, que pasa a ter a seguinte redacción:

«Artigo 2. Domicilio social

O domicilio social da cooperativa establécese na Corredoira, núm. 4, 32781 Manzaneda (Ourense)».

Ourense, 7 de febreiro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense