Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a unha interesada as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella (expediente 103-EOL).

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto de modificación do parque eólico Montes de Abella, sito nos concellos de Láncara e Triacastela (Lugo) e promovido por Inverólica de Abella, S.L. (expediente 103-EOL).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Manuela García Cordero para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

A persoa interesada ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas