Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de subvencións TR802G-36-031-15.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola Secretaría Xeral de Emprego por delegación da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, segundo establece o artigo 35 do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: TR802G-36-031-15.

Interesada: Arquipélagos, S. Coop. Galega.

Acto de notificación: resolución de perda total do dereito ao cobramento da subvención.