Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (SSS 509/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 31 de xaneiro de 2018, no proceso seguido por instancia de Forjados Santa Comba, S.L. contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Martín Blanco Mouro e PFA-SPRIL, S.L., rexistrado co número SSS 509/2016, se acordou citar a Martín Blanco Mouro e a PFA-SPRIL, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 20 de marzo de 2018, ás 10.20 horas, para a celebración do acto de xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer no acto de xuízo asistidos de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Martín Blanco Mouro e a PFA-SPRIL, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza