Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación de equipamento e mobiliario para dotación de sala de autopsias no novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-EIO1-18-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

a. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

b. Domicilio: Edificio Santa María Nai, andar 3º, rúa Ramón Puga, 56.

c. Localidade e código postal: Ourense 32005.

d. Teléfono: 988 38 59 50.

e. Fax: 881 54 70 69.

f. Fecha límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

g. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es

d) Número do expediente: AB-EIO1-18-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento e mobiliario para dotación de sala de autopsias no novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de execución/entrega: novo edificio de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

e) Prazo de execución/entrega: 2 meses desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en criterios valorables de forma automática.

4. Valor estimado do contrato: 180.700,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 180.700,00 €.

b) Orzamento con IVE: 218.647,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver letra d) da cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica e profesional: ver letra e) da cláusula 6.5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día hábil contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de ofertas coincidise en día inhábil na localidade establecida no punto 1.c).3 desta resolución, este prazo prorrogarase o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

– Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

– Domicilio: Edificio Santa María Nai, andar 3, rúa Ramón Puga, 56.

– Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: un mes contado desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura do sobre B se publicará no perfil do contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fecha de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: –.

Ourense, 30 de xaneiro de 2018

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras