Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10524

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2017, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2017

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e a Acuicultura (Conxemar)

108.900,00 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a incorporación e uso da marca de garantía da USC «pescaenverde» xunto coa marca de garantía da Consellería do Mar «pescaderías ¿de onde se non?»

18.150,00 €

20.9.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Público de Emprego Estatal, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de accións do Plan de traballo 2017-2018 do Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación no ámbito da formación profesional

Sen custo económico

24.10.2017

Convenio de colaboración da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria da Coruña para a cesión de uso e posta á disposición dos locais SDO1G, SDO1N, SDO2F e SDO2G

Sen custo económico

3.11.2017

Convenio entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a realización da acción de investigación Estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira

165.983,00 €

6.11.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo e Anfaco-Cecopesca para a realización da acción de investigación Estudo da bioloxía, status poboacional e diversidade xenética da Holoturia (Holothuria forskali) na Ría de Vigo

209.480,00 €

15.11.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española

30.000,00 €

23.11.2017