Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de extinción da autorización do arrendamento parcial da concesión de explotación Benedicta número 1544, denominada Ventosa número 1544.4, da provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), ante a Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Construcciones Xesteiro, S.L.

NIF: B36119071.

Acto notificado: remisión de acordo de inicio do expediente de extinción da autorización do arrendamento parcial da concesión de explotación Benedicta nº 1544, denominada Ventosa nº 1544.4, da provincia de Pontevedra.