Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento audiovisual para a Administración de xustiza, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0073).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica, e soporte especializado do sistema de xestión de expedientes e outros recursos, utilizado en diversas institucións da Administración pública.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 10.8.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 208.800,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 208.800,00 €, máis 43.848,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 252.648,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22.12.2017.

b) Data de formalización do contrato: 29.12.2017.

c) Contratista: Spica, S.L.

d) Importe de adxudicación: 208.000,00 €, máis 43.680,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 251.680,00 €.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia