Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 132/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 132/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Martínez Paz contra a empresa Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., sobre despedimento, ditouse decreto de insolvencia o 18 de decembro de 2017 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barnizados y Lacados Iglesias Puente, S.L., Fábrica de Muebles Hermanos Iglesias, S.L. e Fábrica de Madera Hermanos Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de decembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza