Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de substitución da cuberta no andar 12 e climatización dos cuartos de illados no andar 12 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, mediante procedemento aberto e documentalmente simplificada (expediente AB-SER3-18-011).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de substitución da cuberta no andar 12 e climatización dos cuartos de illados no andar 12 do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

3. Número de expediente: AB-SER3-18-011.

4. Clasificación CPA: F-41.00.40. Clasificación CPV: 45262700-8.

5. Valor estimado: 346.716,62 €.

6. Orzamento total sen IVE: 346.716,62 €.

7. Orzamento total con IVE: 419.527,11 €.

8. Prazo de execución: tres (3) meses.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 2. Véxase a cláusula 13.I. da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do PCAP.

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP.

17. Criterios de valoración: os definidos no punto 10 da folla de especificacións e no punto 4.5 do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos