Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

EDICTO de emprazamento en recurso contra a aprobación definitiva da relación de postos de traballo.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estase a tramitar o recurso 08/2018 (procedemento abreviado), interposto José Ramón Álvarez Rivero e outros contra a aprobacion definitiva da relacion dos postos de traballo do Concello de Tomiño, aprobado polo Pleno na data do 5 de outubro de 2017.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Tomiño, 9 de febreiro de 2018

Sandra González Álvarez
Alcaldesa