De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar ou por ser descoñecido.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 9 de xaneiro de 2018
José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
PO-RES-2017-043 |
Plásticos Rivadil, S.L. |
Resolución |
O xefe territorial |
PO-RES-2017-149 |
Ipsumgal, S.A. |
Incoación |
O xefe territorial |