Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de funcionario de carreira vacante e incluída na oferta de emprego público de 2017.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 11 de xaneiro de 2018, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de funcionario de carreira vacante no Concello de Catoira e incluída na oferta de emprego público de 2017, coas seguintes características:

Grupo de clasificación: C; subgrupo: C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativa da Administración xeral.

Número de vacantes: 1; categoría: administrativo/a.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 18, do 25 de xaneiro de 2018, publicáronse as referidas bases na súa integridade.

Prazo de presentación das solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Catoira, 25 de xaneiro de 2018

Alberto García García
Alcalde presidente