Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10148

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se publica o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo polo de máster universitario en Náutica e Transporte Marítimo, así como o seu plan de estudos.

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña aprobou, por Acordo do 29 de outubro de 2013, a proposta de memoria do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo. Tras a dita aprobación, obtívose a verificación do Consello de Universidades e a autorización para a súa implantación da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente estableceuse o carácter oficial e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no Boletín Oficial del Estado, do 29 de decembro, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 24 de novembro de 2014). O plan de estudos correspondente foi publicado no BOE o 9 de xuño de 2015.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra o citado acordo do Consello de Ministros. O Tribunal Supremo (Sala Terceira, Sección 4ª) ditou Sentenza do 11 de novembro de 2016, que anula o referido acordo unicamente en canto incorporou á denominación do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña, o substantivo de «enxeñaría».

O 10 de febreiro de 2017 entra no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña unha copia da resolución da Secretaría Xeral de Universidades pola que se dá cumprimento á precitada sentenza en que se indica: «dá por anulado, con efectos desde o 12 de xaneiro de 2017, o Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014, polo que se estableceu o carácter oficial de determinados títulos de máster e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos, en que se refire ao título (entre outros) de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña, unicamente en canto incorpora á súa denominación o substantivo enxeñaría».

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña, por Acordo do 29 de marzo de 2017, para dar cumprimento a esta sentenza do Tribunal Supremo, aprobou o cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo polo de máster universitario en Náutica e Transporte Marítimo, que foi autorizado pola Xunta de Galicia, mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 19 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de xaneiro de 2018, que establece que a Universidade da Coruña de acordo co disposto na Lei orgánica 6/2001, de universidades, deberá publicar nos diarios oficiais correspondentes o plan de estudos do máster coa nova denominación, co fin de manter informado ao estudantado interesado no título.

Polo exposto, esta reitoría, en virtude do disposto no artigo 28.3 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficias, na redacción dada polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o anterior, resolve publicar o mencionado cambio de denominación do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo polo de máster universitario en Náutica e Transporte Marítimo, así como o seu plan de estudos.

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4314857.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

48

Optativas (OP)

6

Traballo fin de máster (TFM)

6

Total

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Hidrostática e Estabilidade

6

OB

Xestión Integral da Seguridade e a Protección

6

OB

Navegación Avanzada

6

OB

Manobra Avanzada

6

OB

Informática para a Xestión Náutica

3

OB

Meteoroloxía Náutica en Condicións Extremas

3

OB

Xestión e Control das Operacións de Carga

6

OB

Xestión do Negocio Marítimo e Proxectos

6

OB

Xestión de Inspeccións Náuticas

6

OB

Particularidades do Dereito Marítimo

3

OP

Informática de Control

3

OP

Operación e Control Automático de Instalacións Marítimas

3

OP

Técnicas de Salvamento e Control de Avarías

3

OP

Mantemento do Casco

3

OP

Resistencia ao Avance e Propulsión

3

OP

Traballo fin de máster

6

TFM

O plan de estudos oferta 6 materias optativas de 3 créditos cada unha, 18 créditos en otal, dos que o alumnado ten que elixir 6 créditos, é dicir, 2 materias.

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

4. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Náutica e Transporte Marítimo o alumnado deberá superar 60 créditos ECTS distribuídos de acordo co punto 2.