Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2018 Páx. 10245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a licitación do servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos do Hospital do Salnés (expediente AB-EIP1-18-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: avenida de Vigo, 16.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4º. Teléfono: 986 88 51 33.

5º. Telefax: 986 88 58 85.

6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborales, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-18-001.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: contrato mixto.

b) Descrición: servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos (vending) do Hospital do Salnés, centro dependente da EOXIPS.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: Hospital do Salnés.

1º. Domicilio: rúa Hospital do Salnés, 30.

2º. Localidade e código postal: 36619 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

e) Prazo de execución: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia da nomenclatura): 55321000-6; 55523000-2; 55320000-9; 55330000-2; 15894220-9; 55300000-3 y 42968000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gastos.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

• Aprovisionamento de víveres e sistemas de calidade: ata 12 puntos.

• Preparación e cociñado: ata 12 puntos.

• Emplatado e distribución: ata 11 puntos.

• Plan de mantemento: ata 10 puntos.

• Oferta económica alimentación a pacientes e persoal de garda: ata 45 puntos.

• Prezo dos artigos de venda na cafetaría:

– Ao persoal: ata 4 puntos.

– Ao público: ata 4 puntos.

• Oferta canon: ata 2 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 1.584.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 720.000,00 €.

b) Importe total: 792.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe da licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos especificos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso:

• Solvencia económica e financeira. Criterio: volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos deberá igualar ou superar o importe de 720,000,00 € (IVE excluído).

• Solvencia técnica ou profesional. Criterio: o licitador considerarase solvente coa presentación de polo menos un (1) traballo ou servizo de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo empresario e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación, se o contrato estivese encadrado nalgún dos establecidos no regulamento, en caso contrario a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos respectivos códigos CPV, cuxo importe supere a contía anual de 360.000,00 € (IVE excluído).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 12 de marzo de 2018.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2º. Enderezo: r/ Loureiro Crespo, 2.

3º. Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es.

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura das propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: publicarase no perfil do contratante.

d) Data e hora: a data e a hora da celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31 de xaneiro de 2018.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés