Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000, no concello de Santiago de Compostela (clave AC/16/108.01).

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto por mutuo acordo dos bens e dereitos afectados pola obra Proxecto de construción dun novo enlace da AP-9 coa cidade de Santiago de Compostela, no punto quilométrico 70+000 (clave AC/16/108.01), no concello de Santiago de Compostela, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e o DNI do novo titular.

A contía pagadeira será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na caixa xeral de depósitos.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, 2-8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede. xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puideren ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

4

 

Rey Sayar

Manuel

5

 

Gónzalez Sayar

María

6

 

Mourullo Botana

Josefa

8

 

Calvelo Nogueira

Eugenia

10

 

Castelao Montoiro

M.Teresa

13

 

Calvelo Nogueira

Eugenia

14

 

Calvelo Baluja

Carmen e Santiago

15

 

Penas Sixto

María Teresa

18

 

Otero Fernández

Consuelo

19

 

López Prieto

Concepción

22

 

Giadas Millán

Dolores

25

 

Baluja Piñeiro

María

26

 

Montoiro Vigo

Manuel

30

 

Castelao Ramos

Andrés

31

 

Otero Otero

Miguel

36

 

Otero Otero

Miguel

37

 

Otero Vigo

Evangelina

39

 

Vigo Mourullo

Rosa

41

 

Noya Salvado

Elisa

45

 

Ramos Castelao

Constantino

53

 

Otero Vigo

Hrdos. Daniel

55

 

Otero Otero

Miguel

58

 

Sayáns Rivadas

Jose L.

60

 

Puente Vigo

Vicente

61

 

Ramos Liñares

Elvira

63

 

Castelao Fontao

Ramiro

64

 

Castelao Ramos

Manuel

65

 

Codesido Casas

Julio e outra

66

 

Vidal Nogueira

Carmen

68

 

Sixto Rivas

Carmen

71

 

Otero Vigo

Isaura

73

 

Ramos Liñares

Manuel

74

 

Otero Vigo

Evangelina

76

 

Vigo Otero

Santiago

77

 

Otero Maza

Hortensia

82

 

Montoiro Vigo

Manuel

83

 

Vigo Otero

Santiago

86

 

Montoiro Aldrey

Santiago

89

 

Vigo Puente

Rosa

90

 

Montoiro Otero

Jesús

91

 

Montoiro Aldrey

José Manuel

92

 

Montoiro Vigo

Sara

94

 

Otero Abad

Juan

95

 

Iglesias Otero

Josefa